Luis López suma o apoio da Deputación á causa “Eu corro por Lúa” para dar visibilidade e fomentar a investigación sobre dúas enfermidades raras: a artogriposis e o Z.A.R.D.
15/03/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, suma o apoio da Deputación á iniciativa “Eu corro por Lúa”, impulsada polo pontevedrés Kike Durán, o pai de Lúa, no ano 2019 co obxectivo de dar visibilidade, sensibilizar á poboación e recadar fondos para a investigación da artrogriposis e ZARD, dúas enfermidades raras que padece a súa filla. A través de carreiras populares e retos deportivos, son decenas as persoas que apoian unha causa á que agora se une a Deputación a través do seu presidente, Luis López, que xa se enfundou o maillot para “correr por Lúa”.

