Luis López e Rafa Domínguez convidan a seguir o España-Francia das semifinais do Mundial na pantalla xigante que instalará a Deputación na Alameda de Pontevedra

A Deputación traslada a pantalla desde as escaleiras do Pazo provincial á zona arbolada da Alameda para ofrecer máis espazo e maior comodidade ante o éxito de asistencia das ocasións anteriores

13/07/2026

Luis López e Rafa Domínguez convidan a seguir o España-Francia das semifinais do Mundial na pantalla xigante que instalará a Deputación na Alameda de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente provincial Rafa Domínguez convidan a seguir o encontro de semifinais do Mundial que enfronta este martes a partir das 21 horas ás seleccións de España e Francia a través da pantalla xigante que instalará o organismo provincial na Alameda. Despois dó éxito de asistencia das dúas ocasións anteriores, nas que España derrotou a Portugal e Bélxica, o goberno provincial decidiu trasladar a pantalla desde as escaleiras do Pazo provincial á Alameda co obxectivo de ofrecer máis espazo e máis comodidade a todos os asistentes.

A iniciativa da Deputación, única Administración que promove unha instalación destas características en Pontevedra desde o inicio da fase de eliminatorias do Mundial, supuxo un absoluto acerto xa que centos de afeccionados acudiron á chamada para desfrutar da emoción do campionato e dos triunfos da Selección.

O mandatario provincial confía que o combinado nacional siga a dar alegrías á veciñanza e que este martes toda a cidadanía de Pontevedra celebre a clasificación de España para a final do Mundial.