Luis López e Rafa Domínguez asisten en Pontevedra ao partido de baloncesto entre o Real Madrid e o Río Breogán
29/08/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez asisten este sábado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ao encontro amigable entre o Real Madrid e o Río Breogán de Lugo, un partido nomeado como Dream Game II e promovido pola Asociación Deportiva e Cultural EncestaRías, que volverá organizar no vindeiro mes de setembro o emblemático torneo EncestaRías na cidade do Lérez coa participación de equipos de elite españois e europeos.
