Luisa Sánchez entrega os premios da Carreira da Cereixa de Beade e felicita á organización por sacar adiante a proba malia as dificultades

07/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á Carreira da Cereixa de Beade, onde participou na entrega de premios aos gañadores das distintas categorías e trasladou os seus parabéns á organización por conseguir sacar adiante a proba malia as dificultades ás que tivo que facer fronte este ano. A representante provincial en Vigo felicitou igualmente aos corredores -entre eles, ao gañador, Mario Rodríguez- e salientou a capacidade de traballo da AVCU-CSCR de Beade para reprogramar o evento despois de que tivese que ser suspendido na data inicialmente prevista, o pasado 24 de maio, por motivos burocráticos.

Galerias de imaxes