Luisa Sánchez asiste á gala de clausura e entrega de premios do Festival Internacional de Series Ría de Vigo
12/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres á gala de clausura da segunda tempada do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, celebrada no Tinglado do Porto de Vigo. O acto, no que a organización entregou os premios da presente edición, puxo o broche final a tres xornadas dedicadas á ficción seriada. A representante provincial na cidade olívica salientou a capacidade deste certame para converter Vigo en punto de encontro de profesionais, creadores e público afeccionado ás series. O evento, que se desenvolveu entre o 10 e o 12 de xuño, reuniu preestreas, coloquios e encontros con destacados nomes do sector audiovisual nacional e internacional.
