Luisa Sánchez reivindica o papel da provincia de Pontevedra como referente internacional da vela

27/03/2026

Luisa Sánchez reivindica o papel da provincia de Pontevedra como referente internacional da vela

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres á Gala da Vela Galega celebrada no Auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, onde puxo en valor o papel da provincia como referente internacional neste deporte. Durante a súa intervención, destacou a fonda conexión do territorio co mar e subliñou que a vela forma parte do ADN das Rías Baixas, ao tempo que felicitou ás e aos deportistas premiados, recoñecendo o seu talento, esforzo e dedicación.

A tamén deputada de Deportes puxo o foco na relevancia dos grandes eventos náuticos que acolle a provincia, como a 52 Super Series en Baiona ou a chegada da Solitaire du Figaro a Vigo, salientando o seu impacto no impulso do turismo deportivo. Neste sentido, reafirmou o compromiso da Deputación con esta estratexia, que combina deporte e turismo para dinamizar o territorio ao longo de todo o ano. Ademais, reivindicou os excelentes campos de regatas das Rías Baixas.

Galerias de imaxes