Luisa Sánchez reivindica na Bienal Terras Gauda o cartelismo como unha arte que forma parte da vida cotiá

06/06/2026

Luisa Sánchez reivindica na Bienal Terras Gauda o cartelismo como unha arte que forma parte da vida cotiá

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres na entrega dos premios da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón, celebrada na Estación Marítima de Vigo. Durante a súa intervención, salientou a capacidade desta disciplina para conectar coa cidadanía e formar parte da vida cotiá das persoas. “O cartel non espera a que vaiamos buscalo; sae ao noso encontro”, sinalou. A representante provincial en Vigo puxo en valor a traxectoria dun certame consolidado como referencia internacional e, neste sentido, agradeceu a aposta da organización pola creación artística. Do mesmo xeito, felicitou ás persoas premiadas e ao conxunto de participantes pola calidade das obras presentadas.

Galerias de imaxes