Luis López confirma a aprobación de 523.000 € para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6202 Rodeiro-Oseira

En ambas vías provinciais, tal e como informou o presidente, “renovarase a capa de rodaxe e os servizos, atendendo unha histórica demanda veciñal da vila”

21/11/2025

Luis López confirma que a Xunta de Goberno acaba de aprobar 523.000 € para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6202 Rodeiro-Oseira, ao seu paso por Santa María de Río e San Martiño de Asperelo. En ambas vías provinciais, tal e como informou o presidente Luis López, “renovarase a capa de rodaxe e os servizos, atendendo unha histórica demanda veciñal da vila”.

“Máis de medio millón de euros para seguir avanzando na mellora da rede de estradas provinciais”, subliñou o presidente quen engadiu que o vindeiro ano se destinará un 56% máis de recursos a reforzar as vías provinciais da provincia, con máis de 38,2 millóns de euros contemplados no Orzamento da Deputación “para a mellora destas infraestruturas, indispensables na vertebración do noso territorio”.

No caso da EP-6201, entre os núcleos de Rodeiro e Santa María de Río, o presidente detallou que se renovará a capa de rodaxe nun treito de 1,9 quilómetros, ademais de construír unha senda peonil e cunetas de seguridade transitables. Pola súa banda, na EP-6202, en San Martiño de Asperelo, López confirmou que se renovará o firme nun treito de 320 metros. Nesta vía tamén se van executar cunetas de seguridade, construír un muro de contención, implantar redutores de velocidade e renovar a rede de pluviais”.

 

Novas relacionadas

{"classPK":14030032,"groupId":"37861","name":"20251117_rodeiro_rafaestevez_02.jpg","alt":"estradas provinciais","title":"20251117_rodeiro_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"a023530a-e384-bb29-b003-a56281f9f1ab","fileEntryId":"14030032","resourcePrimKey":"14029809"}

Luis López anuncia un investimento de máis de medio millón de euros para a mellora da seguridade viaria en dúas estradas de titularidade provincial en Rodeiro

  17/11/2025

{"classPK":13622686,"groupId":"37861","name":"20250925_belen_cachafeiro_visita_estradas_provinciais_rodeiro.jpeg","alt":"A Deputación supervisa en Rodeiro o estado dos traballos de mellora de firme ","title":"20250925_belen_cachafeiro_visita_estradas_provinciais_rodeiro.jpeg","type":"document","uuid":"2dd1c825-6020-a651-cdf4-0a3571c93dcf","fileEntryId":"13622686","resourcePrimKey":"13622803"}

A Deputación supervisa en Rodeiro o estado dos traballos de mellora de firme que está a executar nas estradas provinciais EP-6205 San Salvador-O Salto e EP-6202 Rodeiro-Oseira

  25/09/2025

{"classPK":12191720,"groupId":"37861","name":"20250215_belen-cachafeiro_estradas-provinciais-rodeiro.jpeg","alt":"","title":"20250215_belen-cachafeiro_estradas-provinciais-rodeiro.jpeg","type":"document","uuid":"4755fbee-abca-3dab-4d75-b5a252ed284e","fileEntryId":"12191720","resourcePrimKey":"12191751"}

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de execución de cunetas de seguridade e conservación de firmes nas estradas provinciais EP-6204 Portela-Antas de Ulla e EP-6201 Rodeiro-Vilela

  15/02/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.