A Deputación mobiliza esta semana 48 colectivos sociais de 27 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

As entidades comezan obradoiros de arte floral, teatro, risoterapia, conservación de alimentos, pilates ou, entre outros, ioga ou artesanía en coiro

05/09/2026

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana as accións formativas da actual edición do programa provincial +Xuntas, unha iniciativa que destina preto de 700.000 euros ao tecido asociativo para apoiar o desenvolvemento das mulleres e crear redes de apoio onde poden compartir experiencias e estreitar os seus vínculos. Esta semana, entre o 7 e o 12 de setembro, máis de 650 mulleres dun total de 48 entidades de Cambados, Cerdedo Cotobade, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, A Guarda, Lalín, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tui e Vigo comezan novas accións de +Xuntas.

Este luns 7 de setembro a Asociación O Batuqueiro de Vilariño (Cambados) inicia un curso de alfabetización dixital, a Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois (A Estrada) un de risoterapia, a Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo Vea (A Estrada) un obradoiro de plantas medicinais, a Asociación de Mulleres Rurais da Gándara (A Estrada) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, a Fundación Las Samaritanas (A Guarda) un de pilates, a Asociación Mulleres en Igualdade de Monexias (Lalín) un de ioga, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Madriñán (Lalín) un obradoiro de autoestima e comunicación asertiva, Adicam Asociación Diagnosticados de Cancro de Mama (Moaña) un de arte floral, a Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres (Mondariz Balneario) tamén o de arte floral, a Asociación Centro Cultural Recreativo Parada do Miñor (Nigrán) un de arte floral, a Asociación Cultural Veira do Río de Pontesampaio (Pontevedra) un de risoterapia, a Asociación de Veciños Barrio de Saramagoso (Redondela) un de arte floral e a Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas) un de ioga.

O martes 8 de setembro a Asociación de Veciños Cividade de San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade) dá comezo a un curso de arte floral, a Asociación de Mulleres Rurais de Castro (A Estrada) un de horta ecolóxica, a Asociación de Mujeres Rurales Consumidoras Culturales A Xuntanza (Fornelos de Montes) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, a Asociación de Vecinos San Mamed de Torroso (Mos) un de arte floral, a Asociación de Veciños San Cibrán de Ribart (As Neves) un obradoiro de plantas medicinais, a Asociación de Vecinos Parroquia de Bora (Pontevedra) un de arte floral, a Asociación de Veciños Cultural Deportiva de Consumidores e Usuarios de Soutoxusto Eixo (Redondela) un de pilates, a Agrupación Cultural Xunco (Salceda de Caselas) un de risoterapia, a Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas (Silleda) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos e a Asociación de Mulleres Rurais Anduriña de Arcade (Soutomaior) e a Asociación de Veciños Plaza da Miñoca (Vigo) un de arte floral.

O mércores 9 de setembro a Asociación San Martiño de Rebordelo (Cerededo Cotobade) inicia un curso de arte floral, a Asociación Mulleres Rurais A Sobreira Callobre (A Estrada) un de obradoiro de plantas medicinais, a Asociación de Veciños de Moneixas (Lalín) un de ioga, a Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos (Lalín) un de artesanía en coiro, a Asociación Mulleres en Igualdade de Donsión (Lalín) un de pilates, a Asociación de Mulleres Rurais de Oia (Oia) un de arte floral, a Asociación de Veciños A Laxe de San Gregorio de Raxó (Poio) un de artesanía en coiro, a Asociación Cultural e Recreativa San Mateo de Oliveira (Ponteareas) un de arte floral, a Asociación Cultural Son de Xeve (Pontevedra) un de artesanía en coiro, a Asociación Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira (Redondela) un de arte floral e a Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui un de ximnasia hipopresiva.

O xoves 10 de setembro a Asociación de Mulleres Rurais Peña de Francia (Dozón) comeza un curso de conservación de alimentos, conservas e encurtidos a Asociación Érguete Baixo Miño (A Guarda) un de pilates, a Asociación Recreativa e Cultural de Guizán (Mos) un de alfabetización dixital, a Asociación de Veciños San Miguel de Viladesuso (Oia) un de teatro, a Asociación de Mulleres Rurais As Toxeiras (Pazos de Borbén) tamén un de teatro, a Asociación Diagnosticados Cancro de Mama (Pontevedra) tamén o de teatro e a Asociación Veciñal Doutor Fleming (Vigo) un encontro con lectoras.

O venres 11 de setembro a Asociación de mulleres Rurais de Muimenta (Lalín) dá inicio a un curso de risoterapia, a Asociación Cultural Mulleres Rurais A Palleira (Meis) tamén a un de risoterapia, a Asociación de Mulleres Gargamala (Mondariz) un de pilates, a Asociación de Mulleres Rurais Coto das Sombriñas de Tourón (Ponte Caldelas) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos e a Asociación Amas de Casa Rosais (O Porriño) un de risoterapia. Por último, a Asociación de Veciños e Amigos Santiago de Caroi (Cerdedo Cotobade) comezará o sábado 12 un curso de pilates.

A Deputación de Pontevedra dedica un investimento de preto de 700.000 euros para o desenvolvemento do programa durante os anos 2026 e 2027, organizando cada ano máis de 200 obradoiros para entidades sen fins de lucro da provincia que apoien o desenvolvemento das mulleres. Este ano terán lugar un total de 207 accións para colectivos de 53 concellos dentro de catro categorías: +Tecnoloxía, +Creatividade, +Natura e +Saúde. Cada formación ten unha duración de 35 horas e incluirá un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.