Luisa Sánchez participa en Bembrive na Festa dos Ramallos, dedicada a San Cibrao e San Cornelio

20/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á Festa dos Ramallos, na parroquia viguesa de Bembrive, unha celebración na honra de San Cibrao e San Cornelio. A xornada desenvolveuse na Carballeira dos Ramallos e incluíu a misa solemne cantada pola Coral Helios de Bembrive, seguida da procesión e da actuación musical do Ateneo Musical de Bembrive. Tamén tivo lugar a presentación do libro ‘Bembrive. A historia esquecida’ de Diego Pérez Dávila.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.