Luisa Sánchez asiste á Festa da Sardiña de Teis e felicita á Asociación de Comerciantes polo recoñecemento recibido

25/07/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á Festa da Sardiña, que se celebra durante a fin de semana na carballeira da Guía, no barrio vigués de Teis. O evento, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, incluíu o tradicional reparto de sardiñas e pan de millo nos postos instalados no recinto, así como actuacións de bandas de música que amenizaron a xornada. Ademais, fíxose entrega da Sardiña de Ouro, unha distinción que nesta edición recoñeceu o labor da Asociación de Comerciantes de Teis pola súa contribución á dinamización do barrio.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.