A Deputación destina máis de 22.000 euros ao Concello de Barro para a mellora da seguridade en vías municipais
Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello preto de 880.000 euros ao sumar 516.000 euros do 2026 e o adianto de máis de 360.000 euros da liña de investimentos do 2027
15/09/2026
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 22.000 euros para que o Concello de Barro faga fronte á mellora da seguridade en vías municipais. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello preto de 880.000 euros, ao sumar 516.000 euros do 2026 e o adianto de máis de 360.000 da liña de investimentos do 2027.
Cos recursos provinciais, vanse executar actuacións para mellorar a seguridade en diferentes vías municipais situadas nos lugares de Ortigueira, Portoromeu e Monllo, repoñendo zonas erosionadas, colocando muros de pedra granítica, sen alterar a xeometría dos regachos para evitar a erosión continuada sobre camiños existentes.
Na parroquia de Valiñas, en Ortigueira, e na de Perdecanai, en Portoromeu, existen afundimentos en parte das vías municipais polo que se actuará mellorando a zona erosionada, colocando dous muros de pedra granítica e repoñendo o pavimento da zona afundida. Pola súa banda na parroquia de Barro, en Monllo, actuarase en pistas da parcelaria afectadas polas inundacións, executando muros de pedra para conter o camiño e renovando o pavimento cun tramo en formigón e un segundo en saburra.