Rafa Domínguez participa no Museo de Pontevedra na presentación dos números 48 e 49 da revista Cuadrante

06/02/2025

Rafa Domínguez na presentación dos números 48 e 49 da revista Cuadrante

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra na presentación dos números 48 e 49 da revista Cuadrante, editada pola Asociación de Amigos de Valle-Inclán coincidindo co 25º aniversario da entidade. O vicepresidente deu os parabéns á asociación pola efeméride e polo fito dos 50 números editados (o primeiro foi o número 0), lembrando que a revista “é xa actualmente a publicación máis lonxeva de toda España dedicada a investigar sobre un único autor”.

Domínguez amosou o seu “orgullo” de que “regresedes a Pontevedra despois de tantos anos” e desexou “que xa non se vaia para poder seguir sendo o escenario de presentación de novas edicións”. Ademais, o vicepresidente provincial lembrou que na actualidade a Deputación colabora coa Asociación de Amigos de Valle-Inclán por primeira vez na súa historia para o financiamento do Festivalle, cun convenio de colaboración valorado en 10.000 euros.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.