Rafa Domínguez participa na presentación da Pontevedra 4 Picos

29/04/2026

Rafa Domínguez participa na presentación da Pontevedra 4 Picos

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da Pontevedra 4 Picos, unha das probas ciclistas de referencia da provincia, que este ano terá lugar o 9 de maio e que se complementará coa 4 Pontes Pontevedra-Running Gravel, que se celebrará por vez primeira e se desenvolverá o domingo 10 de maio.

“Eventos como a 4 Picos non só son carreiras deportivas, son unha celebración do noso territorio, da nosa natureza e da nosa forma de entender o deporte”, asegurou Domínguez quen situou a proba como o “exemplo perfecto de como a nosa provincia é o estadio deportivo ao aire libre de Galicia, é un escenario de primeiro nivel para o deporte”. Neste eido, aliñou a 4 Picos coa campaña de promoción turística da provincia deste ano, “A túa meta, o teu destino”, “que aposta polo turismo sustentable, pola calidade, polo respecto polo medio e a promoción dos espazos naturais e exemplifica como aquí o deporte convive en harmonía coa natureza”.

Galerias de imaxes