A Deputación pon a disposición do público máis de 3.200 entradas para a Bienal de Artes Vivas no convento de Santa Clara

Desenvolverase do 2 ao 12 de xullo e inclúe 22 espectáculos, todos eles de acceso gratuíto con reserva de entrada

15/06/2026

A Deputación pon a disposición do público máis de 3.200 entradas para a Bienal de Artes Vivas no convento de Santa Clara

Desde hoxe luns 15 de xuño é posible reservar entradas para a Bienal de Artes Vivas. A Deputación de Pontevedra pon a disposición do público máis de 3.200 entradas para os 22 espectáculos que forman o programa desta primeira edición, que se desenvolverá integramente no Convento de Santa Clara do 2 ao 12 de xullo baixo o título “Nas marxes”. Toda a programación é gratuíta, con reserva de entrada obrigatoria a través da web bienal.depo.gal.

A Bienal de Artes Vivas de Pontevedra é unha nova proposta que alternará os anos pares coa Bienal de Arte. A primeira edición desenvolverase en tres espazos do Convento de Santa Clara, a igrexa, o coro e os xardíns, co obxectivo de dinamizar este espazo que será no futuro a sétima sede do Museo de Pontevedra. Alí se desenvolverán as 22 propostas de performance, danza, teatro, música, poesía e circo, das cales catro son estreas absolutas e outras 14 poderanse ver por primeira vez en Galicia.

“Nas marxes” ofrece un programa de propostas artísticas que se sitúan nos bordes onde as categorías se dilúen e onde teñen cabida obras que é difícil acomodar nos circuítos habituais, porque non teñen un encaixe claro nun teatro nin nun museo. O programa inclúe, así mesmo, procesos en curso, traballos en desenvolvemento que se mostran no seu devir e lle permiten ao público asistir á súa construción. Estas propostas articúlanse en relación con iniciativas coma Residencias Paraíso, o festival Citemor de Montemor-o-Velho ou TNT, Terrassa Noves Tendències, coas que esta bienal establece vínculos e complicidades.

O programa arranca o xoves 2 de xullo coa estrea en Galicia da peza de danza “microdesfase: desajuste para voz y espacio” de Blanca Tolsá. Ese mesmo día, o dúo Clo Plas formado por Xiana Arias e Berio Molina, compartirá escenario co escultor Diego Vites e o músico Javi Álvarez na estrea absoluta de “Clo Pau Plas Pedra”.

A primeira fin de semana de programación inclúe dous pases o venres 3 da peza teatral “La fuerza de la gravedad”, do arxentino Martín Flores Cárdenas. O sábado, Lara Brown desenvolverá a conferencia escénica “Tórtola Valencia, pienso en ti con mis manos”, a compañía galega de danza VacaBURRA estrearça a peza “O raro é que bailar sexa raro” e Isabel de Diego porá a nota musical coa síntese entre electrónica e folclore de “Bestia sagrada”. O domingo chegará o circo para toda a familia da man dos galegos Pistacatro con “Sen patrón” e pechará a xornada Javier Hernando de Los Bárbaros con “Extraña alegría”, a medio camiño entre a conferencia performativa e o teatro documental.

O luns 6 de xullo, a pontevedresa Noela Covelo Velasco, presentará na igrexa xunto a ‘Elise Moreau “Aplauso, vicio”. Ao día seguinte, a actriz María Roja será a encargada de que por primeira vez soe en galego a peza autobiográfica homónima de Jérôme Bel, unha das figuras chave na renovación da danza contemporánea desde os anos noventa.

O mércores preséntanse dúas pezas de danza en proceso. “Angelical”, de María Jurado, preséntanse en colaboración con TNT-Terrasa Noves Tendències, e “Transfixión” é o resultado da residencia artística que Fran Martínez realizou en maio no convento de Santa Clara, en colaboración co colectivo RPM. O xoves de novo será a danza a protagonista, cos espectáculos “Escarlet”, de Ángela Millano, e “Alien”, de Manuel Rodríguez.

A última fin de semana da Bienal de Artes Vivas arrancará coa estrea o venres da performance “E os ocos comezaron a pegarse”, de Alejandra Pombo Su. Ese mesmo día o brasileiro Thiago Granato presentará en proceso, en colaboración co festival Citemor, a peza “Out of Sight, Out of Mind”. E Leonor Leal e Antonio Moreno traerán unha nova mirada da danza e a percusión flamenca con “En talleres”.

O sábado 11, Celso Fernández Sanmartin estreará o seu espectáculo de poesía e narración oral “Contar no apagón”. Os portugueses Ana Borralho e João Galante contará co grupo de teatro da UNED Pontevedra para poñer en escena a performance “World of Interiors”, e a artista e performer Laia Estruch contará coa formación pontevedresa de rock Zunzún para o seu concerto “Àlbum Victòria”. A Bienal pecha o domingo coa proposta de danza para toda a familia “Danzas románticas/Antena fantasma” e a investigación sobre o movemento que propón o italiano Alessandro Sciarroni en “Don't Be Frightened of Turning the Page”.

Novas relacionadas

{"classPK":15767432,"groupId":"37861","name":"20260514_luislopez_rafadominguez_fluor_jphilippot_10.jpg","alt":"Luis López salienta a innovación da Deputación á hora de impulsar o turismo sustentable, a cultura coa recuperación da Bienal ou a comunicación con DepoPlay na provincia","title":"20260514_luislopez_rafadominguez_fluor_jphilippot_10.jpg","type":"document","uuid":"960ce43f-e005-f60c-7d33-28e04a375c9b","fileEntryId":"15767432","resourcePrimKey":"15767465"}

Luis López salienta a innovación da Deputación á hora de impulsar o turismo sustentable, a cultura coa recuperación da Bienal ou a comunicación con DepoPlay na provincia

  14/05/2026

{"classPK":15391352,"groupId":"37861","name":"fran_martinez_2.jpg","alt":"A Deputación abre o luns as portas do convento de Santa Clara para a residencia artística do bailarín e coreógrafo Fran Martínez","title":"fran_martinez_2.jpg","type":"document","uuid":"a3956e21-7177-5c07-d565-4c3700415458","fileEntryId":"15391352","resourcePrimKey":"15391373"}

A Deputación abre o luns as portas do convento de Santa Clara para a residencia artística do bailarín e coreógrafo Fran Martínez

  09/05/2026

{"classPK":15378808,"groupId":"37861","name":"20260507_bienalcartelismomantecon.jpg","alt":"Luisa Sánchez destaca o apoio da Deputación á Bienal de Cartelismo, que volve converter Vigo nun escaparate de creatividade","title":"20260507_bienalcartelismomantecon.jpg","type":"document","uuid":"333e9707-532a-92be-d4ee-87bd715f4bec","fileEntryId":"15378808","resourcePrimKey":"15378824"}

Luisa Sánchez destaca o apoio da Deputación á Bienal de Cartelismo, que volve converter Vigo nun escaparate de creatividade

  07/05/2026