Luis López anuncia o reparto de 650.000 euros para que 33 entidades sociais da provincia poidan adquirir ou adaptar vehículos para a súa actividade
“Queremos estar a carón das entidades sociais unha vez máis, para prestarlles o apoio que merecen que, máis que unha obriga, é un exercicio de responsabilidade e un xeito de recoñecer o valioso labor que fan”, asegurou o presidente provincial
24/07/2026
Luis López anunciou hoxe en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de máis de 650.000 euros para que 33 entidades de 16 concellos da provincia poidan adquirir ou adaptar vehículos para a súa actividades. As axudas, convocadas este ano por vez primeira, oscilan entre os 7.600 e os 25.000 euros e permitirán executar traballos de adaptación e adquirir vehículos para transporte de usuarios da entidade ou mercancías. “Queremos estar a carón das entidades sociais unha vez máis, para prestarlles o apoio que merecen que, máis que unha obriga, é un exercicio de responsabilidade e un xeito de recoñecer o valioso labor que fan”, asegurou o presidente provincial.
Máis polo miúdo, a Asociación Vida Digna Morrazo, de Cangas de Morrazo, recibe 20.000 €; o Colexio Nuestra Señora de Fátima en Crecente Esclavas de la Virgen Dolorosa, de Crecente, 25.000 €; a Asociación San Xerome Emiliani, da Guarda, 15.000 €; a Asociación de Voluntariado O Mencer, de Lalín, 6.679 €, a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa, de Mos, 25.000 €; a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, tamén de Mos, 7.618 €; o Centro Juan María – Asociación Esperanza Val Miñor, de Nigrán, 25.000 €, a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo (Aspavi), en Pazos de Borbén, 24.359 €; a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta, de Ponteareas, 25.000 €, e n Pontevedra son 6 as entidades que reciben achegas: a Asociación Amencer-Aspace recibe 25.000 €, a Asociación Juan XXIII 18.981 €, a Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural 5.520 €, Familiares de Enfermos de Alzehimer e outras Demencias de Pontevedra, 25.000 €, a Asociación Amicos, 19.307 € e Cruz Roja Española 17.575 €.
Ademais, ACEESCA Asociación, do Porriño, contará con 25.000 €; a Asociación Lenda de Saúde Mental, de Redondela, con outros 25.000 €; a Asociación Española Contra el Cáncer en Sanxenxo con 17.747 €; a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade con 25.000 €; a Asociación Autismo Bata, de Vilagarcía de Arousa, con 25.000 €; a Fundación Amigos de Galicia, tamén de Vilagarcía de Arousa, con outros 25.000 €; a Asociación Cultural O Castro de Baión, de Vilanova de Arousa, con outros 25.000 €, e en Vigo son 11 as entidades que contarán con achegas desta liña: Alento – Asociación de Daño Cerebral de Vigo recibirá 15.000 €, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Galicia 5.000 €, a Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) 25.000 €, a Asociación APAMP tamén 25.000 €, a Asociación Vida Digna outros 25.000 €a Fundación Casa de Caridad de Vigo – Hogar San José 19.520 €, a Fundación Igual Arte 9.600 €, a Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual 15.000 €, a Fundación Menela 25.000 €, o Hogar y Clínica San Rafael outros 25.000 € e a Sociedad Vicente de Paul en España 11.200 €.
