A Deputación aproba 100.000 € para apoiar a mobilidade do alumnado da Universidade de Vigo que realiza programas de intercambio internacional

Luis López sinalou que no marco do convenio financiaranse 100 axudas complementarias de 1.000 euros cada unha co obxectivo de que a mocidade “adquira coñecementos e destrezas e poidan levalas a cabo ao seu regreso á provincia”

29/05/2026

A Deputación aproba 100.000 € para apoiar a mobilidade do alumnado da Universidade de Vigo que realiza programas de intercambio internacional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres de que a Xunta de Goberno acaba de aprobar un novo convenio coa Universidade de Vigo para apoiar os estudantes que realicen programas de intercambio internacionais como o Erasmus+ ou outros. O convenio está dotado de 100.000 euros cos que se outorgarán mil axudas complementarias a estas alumnas e alumnos, un total de 100 bolsas con cadanseus 1.000 euros, que permitirán “que a mocidade, o piar desta provincia, sexa a mellor preparada da historia”.

As 100 bolsas están destinadas unicamente ao alumnado dos campus cos que conta a Universidade de Vigo na provincia, nas cidades de Vigo e Pontevedra, e permitirán contribuír nos seus gastos de estadía no estranxeiro. O obxectivo é promover a participación do alumnado universitario nos intercambios formativos e contribuír á súa formación integral, así como á súa adaptación ás esixencias do mercado laboral en Europa e no resto do mundo.

O presidente provincial, Luis López, salientou que grazas a estas experiencias “van adquirir todos os coñecementos e destrezas posibles nas súas andainas no estranxeiro”, coa esperanza de que “atopen ao seu regreso á provincia de Pontevedra un territorio próspero onde poder desenvolvelas”.