A Deputación aproba 85.000 euros do IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para a ampliación do ximnasio do pavillón municipal de Baiona

Estes recurso permitirán ao concello crear un novo espazo, renovar os pavimentos e a instalación de novos peches, así como pequenos axustes nas instalacións

20/11/2026

A Deputación aproba 85.000 euros do IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para a ampliación do ximnasio do pavillón municipal de Baiona

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno da institución acaba de aprobar novos recursos do IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, con 85.000 euros para a que o Concello de Baiona poida financiar ao 100% o proxecto de ampliación e mellora do ximnasio do pavillón polideportivo municipal.

A obra, que conta cun prazo de execución de 12 semanas, inclúe a creación dun novo espazo deportivo, a renovación dos pavimentos actuais e a instalación de novos peches e acristalamentos, así como pequenos axustes nas instalacións eléctricas, de climatización e fontanería.

O cuarto Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas está dotado con 8 millóns de euros e permite aos concellos de menos de 50.000 habitantes impulsar novas instalacións deportivas, modernizar e mellorar as existentes, dotar de equipamento estes espazos ou adquirir terreos para uso deportivo. O presidente provincial lembrou que o prazo para solicitar estes recursos aínda está aberto ata o 17 de decembro.

audios