A Deputación aproba o proxecto para reconverter os multicines da Ramallosa, en Nigrán, en auditorio e sala de proxeccións, dotado con 550.000 euros
A proposta, enmarcada dentro do PAI Val Miñor, cofinanciado pola Unión Europea, converterá dará unha nova vida a un espazo actualmente en desuso situado no Centro Comercial Século XXI
25/09/2026
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o proxecto para a humanización para reconverter os multicines de Ramallosa, en Nigrán en auditorio e sala de proxeccións, que conta cun orzamento de 550.000 euros. O presidente provincial, Luis López, anunciou que esta proposta, enmarcada dentro do PAI Val Miño, o proxecto de transformación de Baiona, Nigrán e Gondomar coordinado pola Deputación e cofinanciado pola Unión Europea, ten por obxectivo “dotar á comarca dun equipamento cultural moderno, versátil e capaz de acoller actividades culturais, formativas e de lecer para toda a cidadanía”.
En concreto, a proposta busca transformar as dúas antigas salas de minicines municipais situadas no interior do Centro Comercial Séculos XXI nun auditorio de pequeno formato e unha sala municipal de proxeccións, mantendo o carácter de espazo destinado a actividades culturais para o público xeral. O proxecto tamén contempla a mellora dos espazos comúns de acceso, vestíbulo, despachos de billetes e zonas de aseos.
Desta maneira, a primeira das salas transformarase nun auditorio polivalente que incorpora un novo escenario de madeira e flexibilidade escénica, e a segunda nunha sala municipal de proxeccións adaptada á tecnoloxía dixital. Ambas intervencións compleméntanse con melloras comúns centradas na accesibilidade universal, a seguridade contra incendios, a eficiencia enerxética, a renovación acústica e de climatización, así como a reforma integral dos aseos, co fin de optimizar o uso cultural das instalacións e cumprir coa normativa vixente.
