A Deputación reparte 250.000 euros entre as confrarías e agrupacións de mariscadoras para que poidan afrontar investimentos e gastos correntes

En total son 22 agrupacións de 18 concellos os que reciben as achegas, que se reparten entre 75.000 € para investimentos e 150.000 € para gasto corrente, a novidade deste ano

02/08/2024

Conferencia de prensa de Luis López

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o reparto de case 250.000 euros para que 22 confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras de 18 concellos da provincia poidan afrontar investimentos e gastos correntes. "Demostramos con estas achegas con feitos e non só palabras que estamos onde debemos estar, ao carón dos pescadores e das mariscadoras –asegurou o presidente provincial, Luis López-. Apoiándoos en momentos complicados como este, porque esta provincia é mar e son moitos os veciños que viven deste medio natural".

En total, repártense case 75.000 € en achegas para inversión de 14 agrupacións de 12 concellos da provincia (A Illa de Arousa, A Guarda, Baiona, Cangas, Marín, Moaña, O Grove, Pontevedra, Redondela, Soutomaior, Vigo e Vilaboa), que irán desde os 600 ata os 20.000 euros, aproximadamente, e lles permitirán realizar inversións como a adquisición de vehículos, material de vixilancia, equipamento informático, básculas ou mobiliario, entre outras".

E outros 150.000 € para gasto corrente, a gran novidade deste ano, de 22 agrupacións de 18 concellos da provincia (A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Marín, Moaña, O Grove, Poio, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa). Neste caso as axudas oscilan entre 3.000  e 10.000 €, aproximadamente, para afrontar gastos de persoal, electricidade e combustible e a compra de semente, a maior demanda deste ano.

videos

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":9549839,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-2.jpg","alt":"Pazo provincial","title":"20240620_logo_entrada-2.jpg","type":"document","uuid":"1c5a9277-563e-a28e-43f3-4052fc0d7977","fileEntryId":"9549839","resourcePrimKey":"12392442"}

A Deputación abre este venres o prazo para que cooperativas agrogandeiras e confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia soliciten as axudas para o apoio ao sector primario

  13/03/2025

{"classPK":12336933,"groupId":"37861","name":"20250306_LuisLopez_AxudasConfrarias_Baiona_RafaEstevez_02.jpeg","alt":"Luis López na confraría de pescadores La Anunciada de Baiona","title":"20250306_LuisLopez_AxudasConfrarias_Baiona_RafaEstevez_02.jpeg","type":"document","uuid":"0e914358-8302-995d-e388-ffcea6af2d83","fileEntryId":"12336933","resourcePrimKey":"12336994"}

Luis López adianta a traballadores do sector do mar unha liña de axudas de 350.000€, que dobra os recursos para investimentos e o mantén o apoio ao gasto corrente

  06/03/2025

{"classPK":11475796,"groupId":"37861","name":"20241022_arcade_rafaestevez_011.jpg","alt":"Luis López anuncia unha suba do 40% das axudas a confrarías de pescadores","title":"20241022_arcade_rafaestevez_011.jpg","type":"document","uuid":"2c2bf386-b8e9-3332-d5ee-703bf1fab189","fileEntryId":"11475796","resourcePrimKey":"11475813"}

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías de pescadores para o ano 2025, unha nova mostra do apoio da Deputación ao sector do mar

  22/10/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.