A Deputación de Pontevedra colabora coa II Velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes, na que se darán cita o próximo sábado en Cerdedo Cotobade deportistas procedentes de España e Portugal

O deputado provincial, Jorge Cubela, participou na presentación deste encontro que está organizado por Toni Garrido, presidente do Club Hong Muay Thai Academy, e terá lugar o sábado 6 de xuño a partir das 19:00 horas no pavillón municipal de Cerdedo

31/05/2026

A Deputación de Pontevedra colabora coa II Velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes, na que se darán cita o próximo sábado en Cerdedo Cotobade deportistas procedentes de España e Portugal

A Deputación de Pontevedra colaborará coa II Velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes na que participarán deportistas de España e Portugal e prevé concentrar a 500 asistentes o próximo sábado 6 de xuño no pavillón municipal de Cerdedo. Así o confirmou a deputado provincial Jorge Cubela no acto de presentación deste encontro no que tamén participou o deputado Javier Tourís e Toni Garrido, presidente do Club Hong Muay Thai Academy, organizador da velada.

Cubela remarcou “a importancia de colaborar con eventos como este para seguir avanzando no posicionamento de Pontevedra como a provincia do deporte”. Neste eido, o deputado subliñou que desde o goberno da Deputación de Pontevedra estas e traballar “para captar grandes eventos deportivos, apoiar á base e impulsar melloras en infraestruturas que nos permitan seguir avanzando neste grande obxectivo que temos de converter á provincia nun gran estadio deportivo”. Deste xeito, Cubela felicitou á organización da II Velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes “porque sen o seu empuxe dificilmente poderiamos conseguir o noso obxectivo”.

O Pavillón Municipal de Cerdedo acollerá este acontecemento deportivo internacional o sábado 6 de xuño a partir das 19:00 horas. Na xornada terán lugar ata 16 combates, cinco neo profesionais e nove amateur, con máis dunha trintena de competidores procedentes de Portugal e de Euskadi, Baleares, Castela e León e de Galicia, neste caso, todos da provincia de Pontevedra. Estarán en xogo tres cintos neo profesionais, dous pertencentes á propia velada e outro ao campionato ibérico.

Galerias de imaxes