A Deputación avanza que financiará o 100% da reordenación funcional e material da rúa Carlos Maside, en Pontecesures, cun orzamento de preto de 440.000 €

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe xunto coa alcaldesa, Maite Tocino, este espazo no que o organismo investirá 371.000 € do Plan Extra que o concello completará con outros 65.000 euros do +Provincia

27/03/2025

O deputado  Ricardo Martínez visitou hoxe xunto coa alcaldesa, Maite Tocino, Pontecesures

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, a rúa Carlos Maside onde anunciou que a Deputación encargarase de financiar integramente a reordenación funcional e material da rúa Carlos Maside, cun orzamento de preto de 440.000 euros. Martínez recordou que para esta actuación a Deputación de Pontevedra xa comprometera 371.000 do Plan Extra Provincia Extraordinaria e anunciou que este venres, en Xunta de Goberno, se aprobarán outros 65.000 euros do Plan +Provincia para completar a actuación.

Martínez deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos e que permitirán humanizar e reurbanizar o inicio da Rúa Carlos Maside e o enlace coas rúas inmediatas da súa contorna. Ao detalle, actuarase na zona próxima á rúa San Lois e ao paso do ferrocarril e segregarse o tránsito peonil na primeira parte da rúa orixinal fronte á ruína da antiga fábrica de gasosas Zabala. Neste treito, ata o entronque coa vía que vén do paso inferior do ferrocarril, só poderán acceder os vehículos de residentes e no resto do ámbito da actuación haberá unha plataforma única compartida entre vehículos e peóns. As obras tamén inclúen o soterramento da rede eléctrica, o cambio de localización das áreas de recollida de residuos, unha mellora na iluminación e o embelecemento da zona con elementos naturais.

“Somos un goberno municipalista” recordou o deputado provincial Ricardo Martínez, “que escoitamos as demandas dos gobernos locais e atendemos as necesidades dos concellos”. Neste eido, puxo en valor plans como o Plan Extra, “que ascende aos 38 millóns de euros para financiar proxectos estratéxicos nos concellos”, ou o Plan +Provincia, “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, dotado este ano con 48,2 millóns de euros e que xa leva distribuídos nestes primeiros meses do ano 14,7 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”. Martínez recordou que “o noso obxectivo principal é que a provincia de Pontevedra vaia a máis e avance como nunca antes fixera e a través destes plans provinciais estamos a conseguir que os concellos poidan afrontan investimentos e actuacións que doutro xeito serían imposibles de realizar e, con elo, contribuír á modernización do conxunto do noso territorio e á mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”.

Novas relacionadas

{"classPK":12467677,"groupId":"37861","name":"20250327_jesus_vazquez_almuina_nigran.jpeg","alt":"O deputado Jesús Vázquez Almuíña visitou xunto co alcalde, Juan González, Nigrán","title":"20250327_jesus_vazquez_almuina_nigran.jpeg","type":"document","uuid":"35e38e08-48a9-6f29-afda-d734a821597f","fileEntryId":"12467677","resourcePrimKey":"12467699"}

A Deputación avanza que investirá 811.000 euros na pavimentación de camiños de titularidade municipal en Nigrán

  27/03/2025

{"classPK":12397786,"groupId":"37861","name":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Rafa Domínguez","title":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"596253fc-8687-9efe-8991-2f3a8ad19476","fileEntryId":"12397786","resourcePrimKey":"12397903"}

A Deputación aproba achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros para que oito concellos da provincia realicen melloras en equipamentos deportivos

  14/03/2025

{"classPK":12391961,"groupId":"37861","name":"20250313_ricardo_martinez_pavillon_pontecesures.jpeg","alt":"Ricardo Martínez visitou xunto coa alcaldesa, Maite Tocino, o pavillón polideportivo municipal de Pontecesures","title":"20250313_ricardo_martinez_pavillon_pontecesures.jpeg","type":"document","uuid":"8b3e0819-8d82-7a82-d6ed-b790a94d09ca","fileEntryId":"12391961","resourcePrimKey":"12391976"}

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de preto de 100.000 euros para as obras de mellora do pavillón polideportivo municipal de Pontecesures

  13/03/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.