Os campamentos de “Depo Aventura” arrancan este domingo con 140 menores de 36 concellos da provincia

As once quendas deste verán nas que participan 1540 menores desenvolverase nas instalacións da Deputación na Lanzada onde tomarán parte en actividades lúdicas e formativas

22/06/2023

Os campamentos de 'Depo Aventura'

Arrancan os campamentos de Depo Aventura na Lanzada. Desde este domingo, 25 de xuño, e ata o sábado 1 de xullo, 140 nenas e nenos participarán na primeira das once quendas,  cada unha dunha duración de sete días, que se desenvolverán ao longo do verán a través deste programa da Deputación de Pontevedra, que ofrece á rapazada múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. En total, serán 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen ata o 9 de setembro.

Neste primeiro campamento, que arranca o domingo, participan 70 nenas e 70 nenos de 36 concellos, todos eles nados entre os anos 2010 e 2015. En concreto, proceden de Pontevedra (21); Vigo (21); Vilagarcía (9); Lalín (7); Redondela (6); Gondomar (6); Moaña (4); Fornelos (4); Meis (4); Caldas de Reis (3); Ponte Caldelas (4): Cangas (4); Mos (3); Salvaterra (3);  Cambados (3); As Neves (3); Tui (3); Ribadumia (3); Portas (2); Oia (2); Meaño (2); Cerdedo-Cotobade (2); Soutomaior (2); Poio (2); Pazos de Borbén (2); Campo Lameiro (2); O Grove (2); Bueu (2); O Porriño (2); Marín (1); Cuntis (1); Vilanova (1); A Guarda (1); Valga (1); Nigrán (1) e Baiona (1).  

Baixo o nome A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofrécelles ás nenas e nenos en cada unha das quendas dos campamentos un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a inclusión, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento multicultural da contorna. Tamén realizarán o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, inclúese unha visita á Illa de Ons e unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

Da cifra total de 1540 prazas, 1.409 adxudicáronse polo procedemento xeral a través do sorteo e as restantes 131 foron reservadas para menores en risco de exclusión social, das cales 54 corresponderon aos concellos, 29 ao alumnado do Centro Príncipe Felipe e 48 a menores en situación de tutela e garda administrativa doutros centros da provincia. Os nenos e as nenas que participarán este verán proceden de 58 concellos. A maioría son de Vigo (335) e Pontevedra (154). Outros concellos con grande asistencia son Vilagarcía (79), Redondela (45), Ponteareas, O Porriño, A Estrada, Lalín, Marín, Cangas, (estes con 44). Destacan tamén Poio (25), Nigrán e Gondomar (24), Baiona e Tui (23), Sanxenxo (22) e 20 son do Grove, A Guarda, Mos, Salvaterra, Moaña ou Cambados.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.