Os campamentos de Depo Aventura reúnen a 140 nenos e nenas de 39 concellos da provincia na súa quinta quenda

Ao longo de seis días, a rapazada participará en diversas actividades lúdicas e formativas nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten na Lanzada

22/07/2023

Os campamentos de “Depo Aventura” A Lanzada reunirán na súa quinta quenda a partir deste domingo 23 de xullo a 140 nenas e nenos dun total de 39 concellos da provincia. Ao longo de seis días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Neste verán e ata o 9 de setembro, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Nesta quinta quenda de Depo Aventura, as 70 nenas e 70 nenos (todas e todos elas/eles nadas/os entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (25); Pontevedra (18); Vilagarcía (10); Marín (9); O Porriño (5); A Estrada (4); O Grove (4); Lalín (4); Ribadumia (4); Valga (4); Gondomar (3); Oia (3); Ponteareas (3); Redondela (3); Salvaterra de Miño (3); Sanxenxo (3); Arbo (2); Bueu (2); Cambados (2); Covelo (2); Cuntis (2); A Illa de Arousa (2); Moaña (2); Mondariz (2); Salceda de Caselas (2); Silleda (2); Soutomaior (2); Vilaboa (2); Barro (1); Caldas de Reis (1); A Cañiza (1); Catoira (1); A Guarda (1); Meaño (1): Meis (1);Mos (1); As Neves, (1); Poio (1), e Pontecesures (1).

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofrécelles ás nenas e nenos do campamento un programa de actividades destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento da contorna. Amais, a cativada realizará un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.