140 nenas e nenos de 30 concellos gozarán na Lanzada da novena quenda dos campamentos de “Depo Aventura”

As e os pequenos, de entre 8 e 13 anos, participarán en diferentes actividades lúdicas e formativas ao longo de seis días nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten no Grove

19/08/2023

140 cativas e cativos de 30 concellos da provincia participarán desde este domingo 20 de agosto nos campamentos “Depo Aventura”, na Lanzada (O Grove), da Deputación de Pontevedra. Nesta novena quenda, cunha duración de seis días, a rapazada asistirá a múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal coas que tamén coñecerá lugares afastados da súa contorna habitual.

Nesta quenda de “Depo Aventura”, das 70 nenas e 70 nenos (nadas e nados entre os anos 2010 e 2015) 42 proceden de Vigo, 19 de Pontevedra, 6 de Marín, 6 da Guarda, 5 de Cangas, 5 da Estrada, 5 deTui, 4 de Vilanova de Arousa, 4 da Illa de Arousa, 4 de Redondela, 4 de Mos, 4 do Rosal, 4 de Lalín, 3 de Fornelos de Montes, 3 do Porriño, 3 de Cambados, 3 de Baiona, 2 deTomiño,  2 de Caldas de Reis, 2 das Neves, 1 de Bueu, 1 de Moraña, 1 de Moaña, 1 de Cerdedo-Cotobade, 1 de Pazos de Borbén, 1 de Sanxenxo, 1 de Mondariz, 1 de Mondariz-Balneario, 1 de Ponteareas e 1 de Soutomaior.

A Deputación ofrécelle á cativada un programa de actividades que, baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, está destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento da contorna. Ademais, as e os participantes escollerán a mascota oficial do programa (que se converterá na súa imaxe na próxima edición) e gozarán de excursións relacionadas coa natureza e o coidado do medio.

Nesta edición de “Depo Aventura”, que se desenvolve ata o 9 de setembro, participarán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia divididos en once quendas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 13 resultados.