A Deputación recomenda evitar a aplicación de tratamentos antimildio con velocidades de vento superiores a 11 km/h

O persoal técnico de Areeiro tamén lembra que estamos no período no que hai que realizar o primeiro tratamento insecticida fronte ao transmisor da flavescencia dourada, Scaphoideus titanus, segundo o plan de control

04/07/2025

Manchas recentes en folla nova planta testemuna.jpg

A Deputación de Pontevedra, a través do novo aviso fitosanitario do persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, aconsella evitar tratamentos contra o mildio con velocidades de ventos superiores a 11 km/h para protexer o medio ambiente e a saúde da poboación. Así mesmo, o persoal técnico provincial recomenda os funxicidas penetrantes, cúpricos e de fixación ás ceras cuticulares nestas condicións meteorolóxicas nas que os ciclos de enfermidade se suceden moi rapidamente. Tamén recorda que hai que aplicar o primeiro tratamento insecticida contra o Scaphoideus titanus, cicadelido transmisor da flavescencia dourada, nas zonas da provincia demarcadas como obrigatorias e recomendadas polo plan de control deste patóxeno de corentena.

O persoal de Areeiro segue a notar como a uva evoluciona de maneira significativa. Os días solleiros e de calor, unidos á alta humidade, son favorables ao desenvolvemento dos acios. Deste xeito, os de albariño e os doutras variedades autóctonas xa están no peche. Con todo, e ante esta meteoroloxía, aconséllase manter a vixilancia ante o oídio, pois un ataque mal controlado implicaría tamén a rotura da pel dos grans e a entrada de botrite.

En canto ao black rot, non se observou presenza da enfermidade, que coa condicións meteorolóxicas e a aplicación de funxicidas nas parcelas máis sensibles, non está a dar problemas esta campaña. No caso das avelaíñas do acio, as capturas de machos de Lobesia botrana seguen sendo escasas ou nulas. Máis notable é a incidencia de acariose nas viñas e, de non tomar medidas, a colleita pode verse comprometida en cantidade e calidade.

O aviso fitosanitario inclúe observacións sobre o castiñeiro, xa que se seguen capturando machos de Tortrícido temperá Pammene fasciana nas trampas en Areeiro e Ponte Caldelas. Tamén continúa o desenvolvemento de eirugas de Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) sen producirse danos importantes, pero é aconsellable permanecer alerta e aplicar tratamentos se aínda non se fixo.

Novas relacionadas

{"classPK":13206965,"groupId":"37861","name":"20250729_Oidio_de_diferentes_infeccions_en_acio_testemuna.jpg","alt":"oidio de diferentes infeccións en acio testemuña","title":"20250729_Oidio_de_diferentes_infeccions_en_acio_testemuna.jpg","type":"document","uuid":"e689aa0a-7801-0d5b-ff78-1052dc48cbd6","fileEntryId":"13206965","resourcePrimKey":"13206984"}

A Deputación sinala que a meteoroloxía actual e o estado da uva reducen as posibilidades de mildio no que queda da campaña da vendima

  02/08/2025

{"classPK":13159906,"groupId":"37861","name":"20250714_Acio_e_pampo_con_sintomas_dominantes_de_oidio_en_planta_testemuna.jpg","alt":"Acio e pampo con síntomas dominantes de oidio en planta testemuña","title":"20250714_Acio_e_pampo_con_sintomas_dominantes_de_oidio_en_planta_testemuna.jpg","type":"document","uuid":"8eb12a6d-273d-6a6f-2306-209e014c279e","fileEntryId":"13159906","resourcePrimKey":"13159938"}

A Deputación aconsella extremar a vixilancia ante o posible avance do mildio e do oídio polas precipitacións da fin de semana

  19/07/2025

{"classPK":13120032,"groupId":"37861","name":"Acios-demasiado-expostos.jpg","alt":"Aviso fitosanitario 10-07-2025","title":"Acios-demasiado-expostos.jpg","type":"document","uuid":"1cf1a354-ecb6-38c8-16d5-175162626f66","fileEntryId":"13120032","resourcePrimKey":"13120048"}

A Deputación recomenda renovar o tratamento antimildio nos predios onde rematase a protección por mor da dina que afectará as temperaturas

  12/07/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.