A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, participou este domingo na entrega de premios do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta

03/09/2023

Campionato Bolo Celta

 

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este domingo na entrega de premios do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta, celebrado no concello de Nigrán. Na súa intervención, Fernández-Tapias destacou a elevada participación de mozos e mozas na proba, coa presencia de preto de 40 deportistas de distintas comunidades autónomas, e enxalzou o compromiso dos participante “cunha tradición tan antiga como é o bolo celta”. A vicepresidenta incidiu no firme apoio da institución provincial ao deporte, con especial atención á súa promoción desde a base: “estaremos sempre ao voso lado, apoiándovos e animándovos a perseguir os vosos soños”.