A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, participa na presentación do 38.º Trofeo Príncipe de Asturias e 27.ª Gestilar Ladies Cup

29/08/2023

Trofeo Príncipe Asturias
Trofeo Príncipe Asturias

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe xunto alcalde de Baiona e deputado provincial Jesús Vázquez Almuiña na presentación da 38 edición da regata Trofeo Príncipe de Asturias e a 27 da Gestilar Ladies Cup, celebrada no Monte Real Club de Yates. Na súa intervención, Fernández-Tapias destacou a trascendencia desta proba deportiva á que cualificou como “unha das citas máis importantes do calendario náutico a nivel autonómico e nacional que nos ten acostumados xa a superar calquera expectativa”. Ademais remarcou a alta participación que se rexistra no evento e a aposta pola vela feminina coa Ladies Cup.

Así mesmo, Fernández-Tapias amosou o compromiso do novo Goberno da Deputación co deporte, “ao que imos dar un forte impulso. Vai ser unha das miñas grandes apostas”. Tamén incidiu en que esta competición transcende o ámbito deportivo e serve como fonte de dinamización turística polo que resulta fundamental “aproveitar e xerar novas sinerxías entre o turismo e o deporte náutico, cun forte impacto nas Rías Baixas”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.