A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega dos premios da 38 edición do Trofeo Príncipe de Asturias e a 27 Gestilar Ladies Cup

03/09/2023

Príncipe de Asturias e a Gestilar Ladies Cup

 

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega dos premios da 38 edición do Trofeo Príncipe de Asturias e a 27 Gestilar Ladies Cup que se celebraron esta fin de semana en augas de Baiona e na ría de Vigo. O acto tivo lugar na sede do Monte Real Club de Yates de Baiona, e no acto Fernández-Tapias estivo acompañada do deputado provincial e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.