Baobab Teatro actúa este sábado en Pazos de Borbén da man do ciclo de teatro da Deputación

A compañía poñerá en escena, este sábado 22 de outubro ás 18:00 horas, “Ris ras”, unha obra pensada para un público infantil e familiar

21/10/2023

O auditorio do Concello de Pazos de Borbén será escenario, este domingo 22 de outubro, da actuación de Baobab Teatro, que poñerá en escena Ris ras, orientada ao público infantil e familiar, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 18:00 horas e a entrada é libre ata completar a capacidade.

Ris ras é un espectáculo que fará que as e os máis pequenos da casa viaxen a través de música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catalina e Lorenzo (a Lúa e o Sol). O obxectivo é poñer en valor a lingua galega ao profundar en ditos populares, refráns ou poemas, para que non se esquezan.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos doutros  tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.