Rafa Domínguez asiste ao concerto do centenario da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra

09/04/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura Jorge Cubela, asistiu en San Francisco ao concerto do centenario da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra dirixido por Nanette Sánchez. A Polifónica, que protagoniza por estes cen anos de vida unha exposición no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, replicou no concerto, o 718 da súa historia, pezas de música sacra, algunhas delas cantadas naquel 9 de abril de 1925 polos fundadores, entre eles o primeiro director, Blanco Porto, e figuras tan destacadas como Losada Diéguez, Castelao e Igrexas Vilarelle. Acompañou á Coral no concerto do seu centenario Alejo Amoedo, ao piano, e actuaron como solistas as sopranos Pilar Baamonde, Pilar García e Marta Valbuena.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15290543,"groupId":"37861","name":"20260429_coral_rafaestevez_05.jpg","alt":"Luis López recibe no Pazo provincial aos dirixentes da Coral Polifónica de Pontevedra, unha institución emblemática na protección e difusión da cultura galega","title":"20260429_coral_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"ded55d7a-6be0-4344-6016-ee3beb5402b8","fileEntryId":"15290543","resourcePrimKey":"15290560"}

Luis López recibe no Pazo provincial aos dirixentes da Coral Polifónica de Pontevedra, unha institución emblemática na protección e difusión da cultura galega

  29/04/2026

{"classPK":12685996,"groupId":"37861","name":"Virxinia_Pereira_e-Daniel_A_Castelao_Arquivo_Museo_Pontevedra.jpg","alt":"Castelao e Virxinia Pereira","title":"Virxinia_Pereira_e-Daniel_A_Castelao_Arquivo_Museo_Pontevedra.jpg","type":"document","uuid":"226e937a-a638-8a94-c939-a9ac887e3bcd","fileEntryId":"12685996","resourcePrimKey":"12686012"}

A Deputación homenaxea no Museo de Pontevedra a Castelao e Virxinia Pereira cunha conversa con Pepe Coira e Noni Araújo e un concerto da violinista Sara Areal

  03/05/2025

{"classPK":12487638,"groupId":"37861","name":"RS21190_20250313_museo_rafaestevez_16.jpg","alt":"Imaxe da exposición ","title":"RS21190_20250313_museo_rafaestevez_16.jpg","type":"document","uuid":"22839e9c-235f-32af-444b-d3611e80b4ac","fileEntryId":"12487638","resourcePrimKey":"12602154"}

A Deputación ultima os días para visitar no Museo de Pontevedra a exposición do centenario da Sociedade Coral Polifónica

  14/04/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.