A Deputación promociona as diferentes rutas cara Compostela que atravesan a provincia na feira Fairway. VI Foro do Camiño de Santiago

O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, participará na xornada de inauguración deste evento onde o organismo provincial divulgará a oferta turística do destino Rías Baixas e avanzará no impulso do turismo local e de proximidade

08/11/2025

A Deputación de Pontevedra promociona as diferentes rutas cara Compostela que atravesan a provincia na feira Fairway, VI Foro do Camiño de Santiago, que terá lugar na capital galega entre este domingo e o próximo xoves, 11 de novembro. O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, participará este domingo na xornada de inauguración deste evento onde a entidade provincial divulgará a oferta turística do destino Rías Baixas e avanzar no impulso do turismo local e de proximidade.

Neste evento, onde se aborda o fenómeno do Camiño de Santiago en toda a súa amplitude, o organismo provincial tamén participará en relatorios, meses redondas, obradoiros e reunións de traballo nas que poderá presentar e divulgar a provincia e analizar as tendencias existentes arredor do fenómeno xacobeo. Deste xeito, a Deputación establecerá redes de traballo para avanzar no futuro deste itinerario cultural europeo, conxugando as diferentes formas de achegarse a el, ben sexa a través da gastronomía, da cultura ou da innovación.

Para a Deputación de Pontevedra a participación en Fairway é unha oportunidade única para amosar ao público asistente, moi especializado na temática xacobea, as diferentes rutas que atravesan a provincia cara Compostela, así como para dar a coñecer a amplitude da oferta turística de Rías Baixas que complementa os percorridos.

Noticias relacionadas

{"classPK":14006905,"groupId":"37861","name":"20251112_LuisLopez_XornadaClusterTurismo_Ponteareas_02.jpeg","alt":"O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña","title":"20251112_LuisLopez_XornadaClusterTurismo_Ponteareas_02.jpeg","type":"document","uuid":"96f32880-6c8c-bd4d-4a2e-3d0e13d05dcb","fileEntryId":"14006905","resourcePrimKey":"14006941"}

Luis López recoñece a aposta compartida co sector pola modernización do turismo nas Rías Baixas para garantir a sustentabilidade e descentralización do destino

  12/11/2025

{"classPK":13914801,"groupId":"37861","name":"20251104_LuisLopez-WTMLondres-2.jpg","alt":"Luis López encabeza a expedición de Turismo Rías Baixas á WTM de Londres","title":"20251104_LuisLopez-WTMLondres-2.jpg","type":"document","uuid":"013aff22-8969-cd54-803d-d38bb4a9cf42","fileEntryId":"13914801","resourcePrimKey":"13914830"}

Luis López encabeza a expedición de Turismo Rías Baixas á WTM de Londres onde dispón por primeira dun espazo propio para avanzar na internacionalización do destino

  04/11/2025

{"classPK":13869935,"groupId":"37861","name":"20251028_LuisLopez_WorkshopTurismo_Zaragoza_4.jpg","alt":"Luis López Workshop Turismo Zaragoza","title":"20251028_LuisLopez_WorkshopTurismo_Zaragoza_4.jpg","type":"document","uuid":"2a303b56-2812-f246-5432-658c565d3109","fileEntryId":"13869935","resourcePrimKey":"13870032"}

Luis López enxalza as Rías Baixas como un destino ideal “ás portas do inverno” nun encontro entre 25 empresas do destino e profesionais do sector en Zaragoza

  29/10/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.