Marta Fernández-Tapias participou en Vilagarcía de Arousa na presentación da Final da Regata da Muller

06/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou en Vilagarcía na presentación da Final da Regata da Muller-Campionato de España Feminino por Autonomías que se desenvolverá ata o domingo, 8 de outubro na Ría de Arousa. Na súa intervención a vicepresidenta recordou que a regata terá como protagonistas aos Elliot-6m, a embarcación coa que “Támara Echegoyen, un referente do Náutico de Sanxenxo, a tamén galega Sofía Toro e a asturiana Ángela Pumariega conseguiron o ouro en Londres 2012”.

Fernández-Tapias, que tamén convidou ás regatistas a coñecer todo o que a provincia ofrece, remarcou o compromiso do goberno provincial co deporte: “impulsarémolo como nunca antes se tiña feito”. Ademais, felicitou á Federación Galega de Vela pola “impecable organización da proba” e amosou o seu desexo de que “as nosas galegas poidan levantar, o domingo, o título de Campioas de Vela de España por Autonomías”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.