A Deputación entrega o vindeiro xoves 30 de xaneiro no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra os Premios Mulleres no Foco

O presidente provincial Luis López anuncia que preto dunha quincena de candidatas optan aos tres galardóns cos que a institución e CIMA recoñecen o talento feminino da provincia no sector audiovisual

24/01/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra celebra o vindeiro 30 de xaneiro ás 19:30 horas no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra a gala de entrega dos premios Mulleres no Foco, que organiza en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA). “Unha gala na que, imos recoñecer o talento feminino no sector audiovisual a través de tres galardóns valorados en 15.000 € (5.000 € cada un) a tres grandes mulleres da provincia”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

A gala, que será retransmitida por streaming a través de YouTube, estará presentada por As R(H)umorosas, é dicir, Carmen Méndez, Marta Dovieiro e Ledicia Sola que, segundo López, “seguro nos farán rir a esgalla”, e contará coa actuación musical de Tanxugueiras e coa animación da compañía de Pablo Méndez ao inicio.

En total, este ano son 14 as mulleres nomeadas: Jaione Camborda, Lucía Estévez, Xisela Franco, Natividad Juncal, Andrea Vázquez, Teresa Fernández-Valdés, Uxía Caride, Lidia Fraga, Inés Colmero, Beatriz Legerén, Mayka Braña, María Elva Martínez, María Roja e Carmen Méndez. O presidente provincial adiantou que as gañadoras serán desveladas na propia gala e se unirán a nomes como Mariana Carballal, María Vázquez e Beli Martínez (2023); Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira (2022), e Margarita Ledo, Noemí Chantada e Sonia Méndez (2021).

Enlaces de interés

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.