#IGUALDADE

Premios Mulleres no Foco

Os Premios #Mulleres no Foco, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), teñen como obxectivo poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das mulleres do sector.


Dado que a muller sofre maior invisibilidade e menor presenza no audiovisual, especialmente na dirección, segundo se mostra cada ano no informe CIMA, con esta convocatoria propóñense tres premios que recoñezan o papel da muller, que recompensen e visibilicen o meritorio labor das galardoadas no seu ámbito de traballo. Para iso, na denominación do premio recollerase o campo de especialización da premiada.

Trátase dunha convocatoria aberta á recepción de candidaturas, nas que se distinguirán perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector e impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego, obviamente alén da súa traxectoria persoal e do seu talento.

Hai tres premios con cadansúa dotación económica de 5.000 €.

Novas relacionadas

{"classPK":15904017,"groupId":"37861","name":"rs32309_20251017_mulleresnofoco_photocall_jphilippot_18.jpg","alt":"A Deputación pon en marcha a sexta edición de Mulleres no Foco en recoñecemento ás mulleres profesionais da industria audiovisual galega","title":"rs32309_20251017_mulleresnofoco_photocall_jphilippot_18.jpg","type":"document","uuid":"76e29ab6-641d-96a4-506c-1efbc82abbf0","fileEntryId":"15904017","resourcePrimKey":"15904057"}

A Deputación pon en marcha a sexta edición de Mulleres no Foco en recoñecemento ás mulleres profesionais da industria audiovisual galega

  01/06/2026

{"classPK":13795686,"groupId":"37861","name":"20251017_mulleresnofoco_rafaestevez_01.jpg","alt":"V Gala de premios Mulleres no Foco","title":"20251017_mulleresnofoco_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"3b0f0979-ce66-5588-e86b-a173858e7d7e","fileEntryId":"13795686","resourcePrimKey":"13795740"}

Luis López recoñece na figura de Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes o protagonismo da sensibilidade, o talento e o traballo das mulleres no audiovisual galego

  17/10/2025

{"classPK":11330039,"groupId":"37861","name":"Mulleres_no_foco_2024.jpg","alt":"Mulleres no Foco","title":"Mulleres_no_foco_2024.jpg","type":"document","uuid":"fdad9364-de52-6da7-b8ef-882c9b591496","fileEntryId":"11330039","resourcePrimKey":"13664144"}

Luis López desvela as finalistas que optan aos Premios Mulleres no Foco, que se entregarán nunha gran gala que acollerá Pontevedra o venres 17 de outubro

  03/10/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 14 resultados.