Mellora da xestión da auga no ámbito rural da provincia de Pontevedra a través do empoderamento, apoio e posta en valor das Comunidades de Usuarios de Auga
-
Acronimo:
+AQUA Comunidades de Auga
-
Programa:
Subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais
-
Convocatoria:
Convocatoria 2024 do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030
-
Fondos:
-
Órgano responsable:
Cooperación
-
Socios:
Deputación de Pontevedra (proxecto individual, sen socios executores).
-
Data de inicio:
16/11/2024
-
Data de fin:
18/05/2026
-
Orzamento elixible Depo:
248.810,00 € + 29.000,00 € (fondos propios)= 277.810,00 €
-
Subvención concedida Depo:
248.810,00 €
A provincia de Pontevedra conta con centos de Comunidades de Usuarios de Auga que xestionan de forma colectiva o abastecemento en moitas zonas rurais. Estas entidades desempeñan un papel esencial para garantir o acceso a unha auga de calidade e avanzar nos obxectivos de desenvolvemento sostible vinculados á protección dos recursos hídricos. O proxecto +AQUA nace para reforzar o seu papel mediante a creación dunha oficina técnica especializada que prestará apoio á legalización, tecnificación e profesionalización das comunidades. Ademais, desenvolveranse xornadas de formación e intercambio de experiencias nas dez comarcas da provincia, crearase un Observatorio da Xestión da Auga no Ámbito Rural, elaborarase un Libro Branco de boas prácticas e impulsarase un programa de sensibilización cidadá a través de actividades educativas e recoñecementos ás iniciativas máis innovadoras. A actuación permitirá fortalecer a gobernanza comunitaria da auga, mellorar a calidade dos servizos prestados ás persoas usuarias, favorecer a adaptación ao cambio climático e poñer en valor un modelo tradicional de xestión colectiva que constitúe un elemento diferencial do medio rural pontevedrés.
Observatorio de Comunidades de Usuarios de Auga para Consumo Humano na provincia de Pontevedra
Guía práctica para o cumprimento normativo (Pdf)
