A Deputación entrega no CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas o premio á mellor banda deseñada de educación primaria do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

O certame dirixiuse a centros educativos de Infantil e Primaria da provincia para concienciar sobre a xestión responsable e sustentable da auga e dar a coñecer a importancia das traídas de augas veciñais

18/05/2026

A Deputación entrega no CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas o premio á mellor banda deseñada de educación primaria do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

O deputado provincial Javier Tourís acudiu esta mañá ao CEIP Manuel Cordo Boullosa, en Ponte Caldelas, onde fixo entrega do primeiro premio da categoría de Educación Primaria en disciplina banda deseñada do concurso escolar A Viaxe de Gotiña, co que a Deputación de Pontevedra buscaba concienciar á comunidade educativa e ás xeracións máis novas da provincia sobre a importancia dun consumo de auga responsable e sustentable.

A proposta do CEIP Manuel Cordo Boullosa resultou gañadora de entre todas as presentadas e recibiu de man do deputado provincial 25 bonos para visitar as Illas Cíes. Pola súa banda, o CPR Alba de Vigo acadou o segundo posto e recibirá unha tableta de última xeración, e o CEIP Atín-Cela de Mos, o terceiro, cun lote de material escolar. O xurado destacou de todos eles, así como do resto de traballos presentados, “a súa excelente calidade”.

Ademais desta categoría, os estudantes de Primaria podían presentar maquetas, onde a proposta gañadora foi a do CEIP Xesús Golmar, de Lalín, a segunda a do CPR Estudio, de Nigrán, e a terceira do CPR Sagrado Corazón de Praceres de Pontevedra. Por outra banda, os máis pequenos e pequenas de Infantil realizaorn murais, resultando gañador o CRA Ribadumia, seguido do CPR Alba de Vigo e do CEIP Atín-Cela de Mos. Neste caso a proposta gañadora recibiu unha tableta de última xeración, a segunda un lote de xogos educativos Montessori e a terceira un lote de material escolar.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15740027,"groupId":"37861","name":"202605611_javier_touris_premio_a_viaxe_de_gotina_ribadumia_cortada.jpg","alt":"A Deputación entrega no CRA de Ribadumia o premio ao mellor mural de educación infantil do concurso escolar A Viaxe de Gotiña","title":"202605611_javier_touris_premio_a_viaxe_de_gotina_ribadumia_cortada.jpg","type":"document","uuid":"fb4d1909-51ff-bd33-65b6-4b7374ffa385","fileEntryId":"15740027","resourcePrimKey":"15739881"}

A Deputación entrega no CRA de Ribadumia o premio ao mellor mural de educación infantil do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

  11/05/2026

{"classPK":14207611,"groupId":"37861","name":"Gotina_2.jpeg","alt":"CONCURSO ESCOLAR VIAXE GOTINA ","title":"Gotina_2.jpeg","type":"document","uuid":"54289e04-4a13-02e2-d7bc-6506e2a10ba0","fileEntryId":"14207611","resourcePrimKey":"14987645"}

A Deputación mantén aberto ata o próximo martes 31 de marzo o prazo para presentar propostas ao concurso escolar A Viaxe de Gotiña

  24/03/2026

{"classPK":14903686,"groupId":"37861","name":"20260316_Javier_touris_gotina_a_cañiza.jpg","alt":"Javier Tourís asistiu á actividade no marco do proxecto A viaxe de Gotiña","title":"20260316_Javier_touris_gotina_a_cañiza.jpg","type":"document","uuid":"575ca64b-eba6-db9f-0e2b-d49d4a1567cf","fileEntryId":"14903686","resourcePrimKey":"14904116"}

A Deputación organiza na Cañiza un obradoiro escolar para que o alumnado coñeza o funcionamento das traídas veciñais de auga

  16/03/2026