A Deputación mellorará a seguridade da EP-7007 Couso-San Miguel de Barcala na estrada cun investimento de preto de 830.000 euros

A actuación desenvolverase en 2,3 quilómetros deste viario provincial, co reforzo do firme e a ampliación da superficie da calzada para dotala de carrís de 2,5 metros, beiravías e cuneta de seguridade

28/05/2022

Xunta de Goberno  

A Deputación de Pontevedra vai acometer unha ambiciosa actuación de seguridade viaria na EP-7007 Couso-San Miguel de Barcala, no concello da Estrada, na que investirá un orzamento de preto de 830.000 euros. A Xunta de Goberno vén de aprobar este proxecto, que se desenvolverá nun treito de 2,3 quilómetros, entre os pq 5+683 e 8+071 da citada estrada, e que se centrará no reforzo do firme do viario, encamiñado a mellorar as condicións de circulación e garantir a seguridade viaria ao abeiro do modelo de mobilidade sostible que a institución provincial desenvolve desde hai sete anos.

Deste xeito, as obras proxectadas consistirán na ampliación da superficie da calzada e o reforzo do firme existente entre os citados puntos quilométricos. En concreto, realizarase unha ampliación da plataforma para dotala de carrís de 2,50 metros de ancho, beiravías de 0,5 metros en ambas marxes e unha cuneta de seguridade de 1 metro de ancho na marxe dereita da estrada.

Para iso, levarase a cabo a demolición do paquete de firme existente e da base para posteriormente repoñer a capa de rodaxe e as beiravías executaranse co mesmo pavimento que a vía. Amais, será preciso o retranqueo dalgúns elementos existentes (postes, etc.), así como a substitución de varias obras de drenaxe transversal.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.