Luisa Sánchez participa na entrega de premios da IV Xira Galega de Balonmán Praia
26/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou este domingo na cerimonia de entrega de premios da IV Xira Galega de Balonmán Praia. Esta cuarta e última proba do circuíto autonómico, que conta co apoio da institución provincial, puxo o broche de ouro á tempada coroando aos novos campións galegos da modalidade en todas as categorías, tras catro xornadas de competición.


