Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

Esta liña de axudas da Deputación de Pontevedra ten por obxectivos mellorar a accesibilidade desde unha perspectiva integral

11/05/2026

Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou hoxe o centro terapéutico de Afapo, a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra, onde aproveitou para poñer en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 vai repartir 210.000 € entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

O vicepresidente provincial detallou que Afapo foi beneficiaria deste programa con recursos por valor de máis de 6.500 € que serviron á entidade para adquirir sistemas inclusivos de comunicación (ordenadores, portátil, monitores, teclados e pantalla interactiva). Ademais, Domínguez subliñou que este ano a Deputación destina outros 20.000 € á entidade para o programa de terapias non farmacolóxicas para pacientes con demencia. En anos anteriores, tal e como recordou o vicepresidente, Afapo recibiu recursos do organismo provincial por valor de 60.000 euros para impulsar este proxecto.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% que con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal. As organizacións poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15390146,"groupId":"37861","name":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","alt":"A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","type":"document","uuid":"ef8cef95-1b8a-8ce1-e672-e402214ebd8d","fileEntryId":"15390146","resourcePrimKey":"15390184"}

A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  07/05/2026

{"classPK":15330874,"groupId":"37861","name":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","alt":"Paula Bouzós","title":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","type":"document","uuid":"3a3e736f-65d7-3e52-7873-2e9419690d3c","fileEntryId":"15330874","resourcePrimKey":"15330889"}

A Deputación visita a Asociación Avelaíña e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  05/05/2026

{"classPK":8241977,"groupId":"37861","name":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","alt":"imaxe do programa provincia inclusiva","title":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","type":"document","uuid":"af0dd051-62eb-b8ae-c7e7-4d9abe455ae0","fileEntryId":"8241977","resourcePrimKey":"15300061"}

A Deputación ultima o prazo para solicitar os 210.000 euros de axudas do plan Pontevedra, Provincia +Inclusiva para fomentar a accesibilidade universal

  03/05/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.