Luis López manterá un encontro con responsables do Adif o vindeiro martes en Madrid para desbloquear o treito da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

O organismo provincial ten reservados 100.000 euros no orzamento do 2026 para iniciar a redacción do proxecto tan pronto como o Administrador Ferroviario libere os terreos

14/11/2025

Luis López en rolda de prensa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, viaxará o vindeiro martes a Madrid para manter un encontro con responsables do ADIF para seguir avanzando na desafectación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do proxecto da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra. “Acudimos a Madrid coa máxima disposición a colaborar, convencidos de que o Adif entenderá que estamos a unha oportunidade que Pontevedra merece e confiados en traer boas novas para esta provincia”, afirmou o mandatario provincial.

A conexión das localidades de Arcade e Pontevedra polo antigo trazado ferroviario a través dunha Vía Verde é un proxecto estratéxico para a provincia que a Deputación está a liderar. “Este é un proxecto prioritario para a Deputación”, remarcou o dirixente, quen lembrou que no orzamento do vindeiro ano 2026 está reservada unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

“Encabezamos esta reclamación desde unha posición de provincia, de unidade política, institucional e social; declaramos publicamente a nosa intención de liderar o proxecto e participar no seu financiamento e, logo de saber a disposición do Ministerio para ceder as vías, solicitamos formalmente a posta a disposición dos terreos”, enumerou o presidente, quen demostrou o interese real do organismo provincial para facer realidade o proxecto canto antes facendo referencia á “contratación e adxudicación dun estudo de viabilidade á Fundación dos Ferrocarriles Españoles, unha das entidades con maior traxectoria na conversión de trazados en desuso en Vías Verdes”.

A apertura da senda entre Arcade e Pontevedra é un dos treitos nos que está a traballar a Deputación dentro dun proxecto global que busca conectar as cidades de Vigo e Vilagarcía a través dunha senda peonil polas antigas vías do tren.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14823326,"groupId":"37861","name":"20260309_sendaverde_rafaestevez_01.jpg","alt":"LUIS LÓPEZ PERCORRE ADIF TREITO FERROVIARIO ARCADE PONTEVEDRA ","title":"20260309_sendaverde_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"5b069f58-af48-a771-d428-3f43895402b9","fileEntryId":"14823326","resourcePrimKey":"14823371"}

Luis López inspecciona con técnicos do Adif o trazado ferroviario en desuso que será cedido á Deputación para construír unha Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

  09/03/2026

{"classPK":14035267,"groupId":"37861","name":"20251118_LuisLopez_ReunionAdifViaVerde.jpg","alt":"Luis López acorda co Adif iniciar o proceso de cesión do treito ferroviario en desuso entre Pontevedra e Arcade ","title":"20251118_LuisLopez_ReunionAdifViaVerde.jpg","type":"document","uuid":"992a0cca-93c9-d9bc-cf8b-950aa7df389f","fileEntryId":"14035267","resourcePrimKey":"14035284"}

Luis López acorda co Adif iniciar o proceso de cesión do treito ferroviario en desuso entre Pontevedra e Arcade durante 10 anos para a súa conversión en Vía Verde

  18/11/2025

{"classPK":13117387,"groupId":"37861","name":"20250709_LuisLopez_ReunionViaVerde_REstevez.jpg","alt":"Luis López estuda o trazado da Vía Verde entre Pontevedra e Arcade","title":"20250709_LuisLopez_ReunionViaVerde_REstevez.jpg","type":"document","uuid":"bed3637f-8c1c-8840-0662-6a91ae20a50d","fileEntryId":"13117387","resourcePrimKey":"13117403"}

Luis López estuda o trazado da Vía Verde entre Pontevedra e Arcade, que comezará pola desafectación dos terreos do Adif en favor da Deputación

  09/07/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.