A Deputación estrea este mércores a nova edición do ciclo Ciencia en feminino cunha entrevista a Mar Capeáns

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asistirá a este encontro en liña enmarcado na programación de actividades da Deputación co gallo do 8M, agrupadas baixo o paraugas da campaña Malabares ata cando?

04/03/2025

A Deputación de Pontevedra estrea este mércores 5 de marzo unha nova edición do ciclo Ciencia en feminino, unha programación de charlas e mesas redondas en liña organizadas en colaboración con GCiencia que afondarán na situación da muller na ciencia da man de investigadoras galegas de recoñecido prestixio.

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, realizará a presentación deste primeiro encontro do ano, unha entrevista a Mar Capeáns, física de partículas e científica sénior na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde leva traballando máis de tres décadas. O encontro estará conducido pola xornalista Laura Filloy, poderase seguir en directo a través da canle de GCiencia en YouTube e tamén estará dispoñible a partir do día seguinte, o xoves 6, en formato podcast.

O ciclo Ciencia en feminino forma parte da campaña Malabares ata cando?, coa que a Deputación de Pontevedra reivindica co gallo do Día Internacional das Mulleres (8 de marzo) a necesidade dunha corresponsabilidade real para que as mulleres non teñan que ser quen sacrifiquen as súas carreiras ou o tempo que poden dedicarse a si mesmas por mor dos coidados. Arredor desta campaña a institución provincial está a desenvolver ao longo de todo este mes preto dunha vintena de actividades, entre elas un concurso escolar, exposicións, obradoiros de sensibilización, actividades formativas ou foros de debate.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.