Luis López asiste en Tui á tradicional procesión de San Telmo
13/04/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este luns en Tui na tradicional procesión na honra de San Telmo, patrón de Tui, da Diócese de Tui Vigo e dos navegantes; celebrada na contorna da Catedral desta cidade. Coa súa presencia nesta tradicional cita, o mandatario provincial amosa o respecto da Deputación tanto polas tradicións da provincia como polos colectivos sociais que as manteñen vivas.


