Luis López tende a man da Deputación á nova asociación Salnés Empresarial para cooperar polo desenvolvemento económico da comarca

22/04/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibe no Pazo provincial á directiva da asociación Salnés Empresarial —Jesús Rey, presidente; e Tamara Sineiro, vicepresidenta—, un colectivo fundado este ano 2025 co obxectivo de fortalecer o desenvolvemento económico nas comarcas do Salnés e Caldas. O mandatario provincial amosou o seu interese polas ideas que ten esta entidade e tendeu a man da Deputación para colaborar en todo o que sexa posible para apoiar o emprendemento nestas dúas comarcas e puxo como exemplo o bo momento que atravesa o polígono empresarial de Barro Meis impulsado polo organismo provincial, que conta cunha ocupación do 80%.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.