Luisa Sánchez participa no Petisco Hematofesti, que adiantou as novidades da terceira edición do festival

21/11/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado ao Petisco Hematofesti, celebrado no Vitruvia Café de Vigo, un encontro aberto a todos os públicos que combina humor, literatura e música e que serve de adianto da terceira edición do festival Hematofesti. A cita reuniu as propostas artísticas de Laura Márquez, Eris McEnzie, Paula Carballeira e Lucía Aldao, acompañadas pola música de Xabi DJ. O encontro permitiu avanzar as primeiras novidades da próxima edición do festival, que regresará a Vigo en abril de 2027, tras o cambio de datas anunciado pola organización. Luisa Sánchez valorou a capacidade do Hematofesti para achegar a cultura, a literatura infantil e o humor a públicos de todas as idades, así como para dinamizar a vida cultural da cidade.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.