Rafa Domínguez dá a benvida ao showcooking de Yayo e Esther Daporta en Etiqueta Negra

07/11/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, deu a benvida esta tarde ao showcooking dos cociñeiros Yayo Daporta e Esther Daporta, celebrado no Recinto Feiral de Pontevedra no marco da décima edición de Etiqueta Negra, o salón do gourmet galego e da innovación inspiradora no ámbito da gastronomía. A actividade, organizada pola Deputación de Pontevedra, forma parte da aposta da institución provincial pola promoción da gastronomía e dos produtos de proximidade. A Deputación, patrocinadora da feira, conta tamén cun espazo propio entre os expositores, onde ofrece degustacións do Té Areeiro, elaborado a partir da camelia das Rías Baixas.

Rafa Domínguez destacou o valor de iniciativas como esta para dar visibilidade ao talento e aos produtos da provincia: ”Etiqueta Negra é unha oportunidade para poñer en valor a calidade da nosa gastronomía e o traballo dos profesionais que fan de Pontevedra un referente gastronómico”.

Galerias de imaxes