Axenda de actividades provinciais

Entre Pontes Trail & Running: 10k Pontevedra

Sun Nov 22 00:00:00 GMT 2026
Alameda (fronte ao Pazo provincial), Pontevedra
Entre Pontes

Entre Pontes Trail & Running é un novo circuíto deportivo promovido pola Deputación de Pontevedra, en colaboración cos municipios sede, que percorre a provincia con probas de running e trail.
A xornada de Pontevedra consiste nunha carreira de 10 quilómetros con saída e meta na Alameda, fronte ao Pazo provincial, e conta, ademais, cunha camiñada de 5 quilómetros e carreiras infantís. Durante a mañá, a Alameda acollerá tamén unha zona de convivencia con food trucks e actividades para as e os máis pequenos.

Información