O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á cuarta xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa Pontevedra

17/10/2024

Cuarta xornada  Triple Hélice

 

O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á cuarta xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título "Mundo growth: financiación non tradicional para empresas". No acto, que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra, interviñeron Raquel Rodríguez, directora de XES Galicia, Juan Manuel Vieites, presidenta da Confederación de Empresarios de Galicia, e Asier González, director de Negocio de Empresas e Institucións do Banco Santander. Os conferenciantes fixeron unha aproximación ás novas modalidades e ferramentas de financiamento a disposición do tecido empresarial.