Luis López asiste ao debate sobre o estado da autonomía no Parlamento de Galicia
23/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores ao debate anual sobre o estado da autonomía que se está a celebrar no Parlamento Galego. O mandatario provincial estivo presente no discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Un debate sobre política xeral que rematará o vindeiro venres coa votación das propostas presentadas polos distintos grupos da cámara autonómica.
