Luis López anuncia un novo aumento do 20% nas axudas ás escolas de música sen ánimo de lucro, que recibirán este ano preto de 150.000 euros

O presidente da Deputación sinala que as axudas experimentaron un incremento do 60% na súa dotación durante o actual mandato, co fin de “axudar as entidades a que manteñan con vida as escolas de música no conxunto do territorio”

12/06/2026

Luis López anuncia un novo aumento do 20% nas axudas ás escolas de música sen ánimo de lucro, que recibirán este ano preto de 150.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que as axudas ás escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro aumentan este ano nun 20% o seu crédito ata chegar aos 144.000 euros, unha suba que chega ao 60% se se compara co orzamento que recibían durante o anterior mandato. A Xunta de Goberno provincial deu luz verde ás bases da nova convocatoria, “dentro do compromiso que mantemos co tecido asociativo da provincia”, sinalou Luis López, que tamén asegurou que as axudas son “fundamentais para que estas entidades manteñan con vida as escolas de música no conxunto do territorio da nosa provincia”.

As axudas permitirán financiar gastos de persoal e de material de oficina, subministracións, a reparación e conservación dos seus locais, a reparación de instrumentos, as primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas.

“Seguimos a dar pasos para que cada ano esta liña conte cun maior crédito que poida atender as demandas destas escolas: con esta nova suba do 20% nos seus recursos, estamos cumprindo a nosa palabra”, sinalou o presidente da Deputación.

As axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro contribúen á promoción do labor das escolas na difusión e na valorización do patrimonio cultural inmaterial da provincia e de Galicia, un eido no que a infancia e a xuventude ocupan un lugar relevante. A Deputación ten en conta na súa aposta por estas axudas que as escolas adoitan ser o primeiro contacto con profesionais do eido educativo musical, que transmiten coñecementos e valores culturais á vez que fomentan a práctica da música xa sexa como afección ou con maior dedicación, e tamén o feito de que as escolas de música supoñen un elemento dinamizador do territorio.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":13975082,"groupId":"37861","name":"20251107_luis_lopez_confere.jpg","alt":"Luis López na conferencia de prensa do 7 de novembro","title":"20251107_luis_lopez_confere.jpg","type":"document","uuid":"4fef4e88-3d3c-b5c0-086a-2cb46621f5d5","fileEntryId":"13975082","resourcePrimKey":"13975096"}

A Deputación aproba destinar 120.000 €, un 20% máis que en 2024, a 29 escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro de 21 concellos da provincia

  07/11/2025

{"classPK":13587429,"groupId":"37861","name":"20250918_cultura_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López","title":"20250918_cultura_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"de098bc0-fc1a-0fef-a4e5-ed3cc84dfa47","fileEntryId":"13587429","resourcePrimKey":"13587483"}

Luis López presenta diante dun cento de agrupacións musicais da provincia axudas para mercar ou reparar instrumentos musicais e vestiario por 200.000€

  18/09/2025

{"classPK":13146951,"groupId":"37861","name":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","alt":"Apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música","title":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","type":"document","uuid":"22a400a8-2842-da28-8603-aa3c707ed406","fileEntryId":"13146951","resourcePrimKey":"13146994"}

A Deputación anuncia en Cerdedo-Cotobade a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

  17/07/2025